FUNDACIÓN
A Sociedade Deportiva Negreira fúndase no 1963.
SEDE SOCIAL
Actualmente a súa sede social atópase na Casa Cultural de Negreira (San Mauro, 11 – 15830 Negreira).
O CAMPO
Estadio: Campo Municipal «Jesús García Calvo»
Superficie: Herba Natural
Capacidade: 2.000 persoas
Dimensións: 106×65
Dirección: Pedra Mámoa S/N – 15.830 Negreira (A Coruña)
Coordenadas GPS do campo – Latitud: 42.91760635376 Longitud: -8.7411479949951 Ver no mapa
O Campo atópase a 10 minutos andando do centro de Negreira, situado no Complexo Deportivo de Pedra Mámoa
ADESTRAMENTOS
Estadio: Campo Municipal de Cepelo
Superficie: Herba Sintética
Capacidade: 300 persoas
Dimensións: 100×50
Dirección: Logrosa S/N – 15.839 Negreira (A Coruña)
Esta instalación é utilizada polas categorías base e veteranos para os adestramentos e competicións, así como para os adestramentos do equipo senior.
A vila de Negreira
Negreira é un municipio de Galicia (España) que se atopa ó Oeste de Santiago de Compostela. Limita cos municipios de Ames, A Baña, Brión, Outes, Mazaricos e Santa Comba, na provincia da Coruña.
Negreira é a capital do Val de Barcala, que forma conxuntamente co Concello de A Baña.
A Vila de Negreira ocupa una situación estratéxica entre o que foi a gran vía per loca marítima que, dende Grandimirun (Brandomil), levaba a Aquis Celenis (Caldas de Reyes), e a vía fluvial doTambre, que comunica as comarcas do centro de Galicia coas costeiras de Noia. Asentada no val do Río Barcala, é hoxe o centro comercial dunha comarca que mantén a vila cun movemento demográfico positivo.
Asimesmo a cercanía a Santiago de Compostela e a construcción do corredor Santiago-Noia, que posibilita realizar o traxecto entre Negreira e Santiago en 15 minutos, xunto ó prezo da vivenda (moito menor que en zonas próximas como Bertamiráns ou Brión), provocan que o pobo esté experimentando un crecemento da poboación continuado.