Dario Capelo ten que pasar por quirofano

Dario Capelo ten que pasar por quirofano

 

O vindeiro sabado 18 de novembro a SD Negreira enfrontarase as 18,30 h. a SD Compostela en San Lazaro.

Para este encontro, o Negreira perde por lesión o centrocampista Darío Capelo, que o domingo tivo que retirarse o cuarto de hora de comenzar o partido ante o Barbadás. Sufriu unha caída nun lance do xogo que lle provocou unha rotura de clavícula, polo que terá que pasar polo quirófano. O futbolista terá que estar de baixa durante uns dous meses.

Darío, que chegou esta tempada procedente do Dumbría, que se aclimatara ben o exixente cambio de categoría, sendo titular na maior parte dos partidos. Quen continúa coa sua recuperación para volver canto antes o equipo e o lateral Pablo Vidal, quen fai duas semanas protagonizaba un bo susto tras impactar contra unha valla metálica no campo del Laracha.

Síguenos en twitter