Maximino Quinteiro Costa
(06/02/1943 – Negreira)
Maximino comezou a súa andaina deportiva nas filas da S.D. Negreira nos anos 60.
Sendo aínda xuvenil marcharía para o Santiago e de alí, despois de demostrar o seu talento, daría o salto o fútbol profesional nun equipo Asturiano que militaba na 2ª división; a Union Popular de Langreo. O seu paso por este equipo foi efímero, xa que sufriría unha grave lesión, que casi o aparta do fútbol.
Despois dunha longa recuperación, volta para Galicia, e recala no Arousa, pero non pode rendir ó máximo nivel e decide apartase dos terreos de xogo.
Anos máis tarde, xa na década dos 80, volta ós campos de fútbol, pero como adestrador, primeiro con equipos xuvenís e máis tarde faixe cargo do Negreira, remata o seu periplo noutros equipos da comarca como o Bertamiráns C.F. ou o Agrón C.F.
José Antonio Pérez Alvite
(15/12/1962 O Cornado- Negreira)
Alvite, que así é como se lle coñece no mundo do fútbol, comenzou a súa andaina na S.D.
Negreira, onde militou varias campañas de aquí dou o salto ó C.D. Lugo onde estivo 14 tempadas consecutivas, colleitando grandes logros. «Colleu a capitanía en 1987, e a partir de ahí, todos os anos, nunha votación entre todos os membros da plantilla foi sempre elexido capitán, ata que se retirou.
Un histórico gol de cabeza do “gran capitán” significou o Ascenso do Lugo a 2ª División, nun épico partido contra o U.E. San Andreu de Barcelona na tempada 1991-92.
Fernando Vázquez Pena
(24/10/1954 -Castrofeito)
A pesar do seu efímero paso como xogador do Negreira nos anos 80, a súa carreira como adestrador dos grandes clubs galegos, fixo que fora un dos máis importantes da Liga Española..
Fillo de familia numerosa; profesor de inglés en Noia e Arzúa (A Coruña), empezou a colaborar nas escolas deportivas de fútbol e despois, como adestrador profesional.
Destacan entre os seus maiores logros, os ascensos do Lalín desde rexional ata Segunda B, o subcampionato de inverno co Compostela (95-96) na 1ª División, o ascenso co Celta de Vigo na tempada 2004-05 e conseguir clasificalo para a Copa da UEFA na seguinte campaña (2005-06).
Tamén adestrou o RC Deportivo na tempada 2013/14. Foi adestrador da Selección Galega de fútbol, xunto con Arsenio Iglesias.