A SD Negreira presenta as primeiras renovacións

A SD Negreira presenta as primeiras renovacións

Despois da renovación do corpo técnico, con Adrián Vázquez a cabeza, a dirección deportiva do club está a traballar na confección do plantel para a vindeira tempada 2024/25 en Preferente Galicia.

As primeiras renovacións son a dos defensas Juan Diego e Rulo, o porteiro José Dacuña e o extremo Juan de Selia.

Nos vindeiros días poderemos coñecer máis xogadores renovados para afrontar unha dura e disputada competición na que todavía non se saben os rivais, xa que a RFGF vai a restructurar a preferente atendendo á distancia kilométrica entre os equipos das dúas zonas, norte e sur.


Síguenos en twitter