Mes decisivo para a SD Negreira

Mes decisivo para a SD Negreira

A SD Negreira afronta un mes de abril crucial para o desenlace da competición, son 4 partidos que poden manter a distancia cos equipos perseguidores e seguir na loita polo primeiro posto da Liga.

A estas alturas calquer partido vai a ser moi dificil xa que todos os rivais se están a xogar algo e cada punto vai a ser tremendamente disputado.

  • DOMINGO 7: SD FISTERRA – SD NEGREIRA

O equipo visita a un rival que a principio de Liga soaba para estar nos primeiros postos, pero a irregularidade nesta tempada levou os de Diego Lobelos a estar sen un obxectivo claro. A pesar de levar unha mala racha son unha escadara moi dura no seu campo e queren acabar con boa imaxen esta tempada.

  • DOMINGO 14: SD NEGREIRA – SD SAN LORENZO

O Jesús García Calvo recibe ao equipo revelación, que a pesar dos problemas sufridos na plantilla segue sendo un rival serio e que encaixa poucos goles. Despois dunhas semanas de dúbidas os de Verdillo volven a ser moi competitivos.

  • DOMINGO 21: SD CRUCES – SD NEGREIRA

Desprazamento que pode parecer sinxelo pero o equipo de Vila de Cruces está a facer un final de tempada moi bo, competindo en cada partido e deixando un bo sabor de boca os seus seareios. Non podemos caer en confianzas e hai que estar concentrados os 90 minutos.

  • DOMINGO 28: SD NEGREIRA – CD UNIÓN

Recibimos a un dos equipos máis en forma nos últimos meses, vai a chegar con opcións de meterse entre os tres primeiros e vai a vir a Negreira a polos tres puntos. É un dos proxectos máis ambiciosos da primeira galicia, co mesmo bloque da tempada pasada en Preferente.


Síguenos en twitter