O Negreira consegue a segunda vitoria do curso 3 – 1 ante o Tordoia
Traballado segundo triunfo da SD Negreira perante un combativo SD Tordoia que plantou cara nun campo Jesús García Calvo que viu coma o equipo acadaba a súa primeira vitoria na casa ao vencer por 3 goles a 1 na tarde do domingo 24 de novembro.
Non sería ata o minuto 39 cando nunha de tantas chegadas á meta contraria, o cadro vermello lograría o primeiro tanto obra de José Caamaño para abrila lata. Con esa vantaxe chegouse ao descanso, pero na reanudación, o Tordoia deu un paso á fronte e nunha acción illada aproveitábase dun despiste defensivo para bater a Berdullas no man a man co dianteiro Denis Pose, quen prácticamente só tivo que empurrar o balón.
Ese gol non alterou os plans de Chus Baleato e os seus. O técnico deulle ánimos aos seus xogadores e pediu que tivesen maior produndidade polas bandas, consciente de que o gol acabaría chegando. E así foi. Corría o minuto 72 e Gonzalo Suárez anotaba o segundo nunha espléndida chegada pola dereita do ataque local.
Once minutos despois co partido prácticamente sentenciado chegaría o terceiro tanto, marcado en propia porta por un defensa do Tordoia quen cabeceou por toda a escadra un balón centrado por José Caamaño dende o franco esquerda do ataque do Negreira.
SD Negreira: Berdullas; Juanjo, Bendaña, Paco, Juan Diego; Marcos García (Xaco Vidal, min 87), Canabal, Gonzalo Suárez, José Caamaño, Piki (Uxío, min 80) e Berto Rial (Julián, min 87).
Non haberá Liga ata o domingo 7 de novembro cando visitaremos o campo do CD Baio. E o seguinte partido na casa será diante do CD Belvis, o domingo 14 de novembro.