A SD Negreira sigue imparable

A SD Negreira sigue imparable

O equipo senior completa un mes de novembro inmaculado, con 4 victorias que unidas as dúas do mes de outubro fan unha serie de 6 xornadas con 18 puntos de 18 posibles.

A boa xeira de resultados catapulta ao equipo ata o terceiro posto, o que o posiciona no Play-off de ascenso a Terceira División.

A última victima foi o Atletico Escairón este domingo 1 de decembro, que encaixou tres goles (Paco, Rama e Xavi), nun partido disputado ata que os visitantes encaixaron o primeiro gol o que fixo que os de O Saviñao tiveran que arriscar e poñer unha defensa de tres, o que facilitou as contras dos nosos que tiveron varias ocasións para poñer o 2-0.

Sería Rama que tras un tiro de Antón, o porteiro despexou o balón e quedoulle morta a Rama que só tivo que empurrar o fondo da rede.

O 3-0 chegaría cun disparo de fora da area do lateral Xabier que entrou pola escadra no mellor gol da tarde no García Calvo.

Quedan tres partidos de Liga e o enfrontamento da Copa do Sar antes do parón de Nadal e o equipo tratará de manter esta liña de resultados.

Vindeiros partidos:

  • Domingo 8 decembro (Sigüeiro) – Lino Balado
  • Domingo 15 decembro (Ordes) – Jesús G. Calvo
  • Mércores 18 decembro (Bastavales) – Municipal Brión

Podes ver o partido no seguinte enlace


Síguenos en twitter