O equipo roxillo afronta dous importantes partidos

O equipo roxillo afronta dous importantes partidos

Os pupilos de Tomás Mougán van a enfrontarse a dous rivais da parte alta da táboa antes do parón de Nadal, o Cordeiro CF e o Cidade de Ribeira.

No primeiro encontro marcado ás 17:00h do domingo 27 de decembro, o Negreira visita o Campo Municipal de Baño (Valga) coa idea de acadar algún punto e seguir na parte alta da clasificación para non distanciarse dos primeiros postos. O equipo local leva varios partidos seguidos empatados pero é un dos equipos máis fortes da categoría.

Para o domingo 4 de decembro a SD Negreira recibe o Cidade de Ribeira, un equipo feito para pelexar polo ascenso e que conta cun gran plantel de xogadores, con experiencia e coa necesidade de buscar o ascenso a Preferente. Neste partido o clube vai a facer unha recollida de alimentos para as familias necesitadas de Negreira.

Mougán espera neste mes de decembro recuperar os xogadores mancados, e dar os primeiros minutos a «Chapela» que todavía non debutou en Liga.


Síguenos en twitter