Primeira derrota en Liga
A pasada fin de semana chegou a primeira derrota do equipo contra un rocoso Mazaricos CF, no Campo Peña do Ouro en Pino do Val. O partido apenas tivo ocasións de gol na primeira parte pero no segundo tempo os dous equipos buscaron os tres puntos cun futbol directo e moito balón parado.
No minuto 65 o encontro cambiou coa expulsión por dobre amarilla do xogador local Rachón por un agarrón dentro da area. O penalti lanzouno Bendaña coa boa intervención de Iván que detivo a pena máxima.
«A SD Negreira non foi quen de facerlle daño o equipo mazaricán cun home máis sobre o céspede»
Nun corner no minuto 80 os locais meteron o balón na area pequena e Marcos Corzón controlou o balón e foi derrubado, pitando o penalti o árbitro do encontro.
Kevín, nun primer lanzamento errou o penalti, pero o linier mandou repetilo e na segunda ocasión logrou o gol.
O Negreira tentou con balóns directos achegarse a area rival pero non foi posible acadar o empate. Toca seguir traballando e prepararse para xogar dous partidos seguidos no Jesús G. Calvo contra o Volantes de Baño e o Soneira.
Os alevíns pola contra, gañaron con facilidade o Compostela C nas Cancelas o domingo e seguen nunha boa liña de resultados.
No derbi da segunda Galicia o noso filial Agrón-Barcala, non foi capaz de gañar o ADN en Cepelo, acadando outro empate. Necesita sumar de tres en tres para subir postos na táboa clasificatoria.