Volve o fútbol a Negreira despois do parón Navideño
O vindeiro venres 4 de xaneiro a partir das 20:00 h vaise a celebrar unha nova edición do MEMORIAL JESÚS GARCÍA CALVO, un acontecemento que nesta edición ten aínda máis relevancia, xa que no ano que acaba de rematar a Cooperativa Lactea Feiraco cumpliu 50 anos; gracias o esforzo e traballo da persoa que da nome o Campo de Fútbol onde xoga a SD Negreira. Esta homenaxe lévase a cabo contra un equipo de gran importancia para a nosa comarca como é a SD Compostela. Moitos xogadores que vestiron a camiseta blanquiazul tamén o fixeron en Negreira, agrandando o nome do equipo e conseguindo grandes logros.
A SD Compostela un histórico cun importante bagaxe no fútbol galego, foi equipo de primeira división non fai moitos anos, e a bo seguro, pronto ocupará a categoría que merece que dende logo non é a Terceira División Galega.
Será a segunda ocasión nesta campaña 2018/19 que o equipo de Santiago visita Negreira, xa que o fixera nas semifinais da Copa Deputación de A Coruña de Fútbol alá polo mes de agosto no Campo de Cepelo por mor dos traballos de mellora do Campo Jesús G. Calvo. O Compostela este ano pretenderá seguir subindo postos na clasificación para non descolgarse dos catro primeiros postos que dan acceso a Fase de Ascenso a 2ª B.
En canto a SD Negreira, este 2019 tentará conquerir máis regularidade e poder situarse na parte tranquila da Clasificación, evitando posibles arrastres por descensos. Os pupilos de Juan Cabrejo queren seguir medrando e ofrecendo unha boa imaxen, similar a dos últimos partidos do 2018.