Dolorosa derrota contra o CD Boiro nos últimos minutos

Dolorosa derrota contra o CD Boiro nos últimos minutos

Afrontaba o Negreira co xusto o duelo co Boiro. E polo visto sobre o céspede do campo García Calvo, aos de Nacho Fernández hai que recoñecerlles unha actitude encomiable. Escapáronselles tres puntos despois de dispoñer de boas ocasións, que foron desbaratadas polo meta Miguel. A falta de gol impediulle sumar aos locais ante unha escuadra que tivo nos seus dous xogadores de refresco aos artífices do único tanto da contenda. Foi a tres minutos de que o colexiado decretase o final cando Sandro puxo un centro perfecto desde a dereita e Liñán, dentro da área, lanzouse en ferro para conectar un cabezazo que superou a Rodri. O choque resultou moi igualado. Por unha banda o Boiro parecía ter o dominio, e, por outra, o Negreira tentaba ser incisivo nas contras, polas bandas con Astray e Cristián, e con Quintairos e Pancho polo centro. A ocasión máis clara foi aos vinte minutos, nun centro desde a esquerda de Astray que Quintairos rematou de cabeza no segundo pau. Apareceu Miguel cando o balón xa parecía entrar. Acto seguido, foi Astray quen cabeceou alto.Á media hora chegou unha dobre oportunidade local. Primeiro foi Quintairos quen viu como Miguel detiña o seu remate no man a man. Logo, Pancho disparou e despexouna de novo o gardameta dos barbanceses. O Boiro pasou inadvertido no primeiro tempo, salvo nunha falta executada por Remeseiro que se foi pegada ao segundo pau. Máis ocasiones na segunda parte, o Negreira aínda dispuxo dalgunha oportunidade para inaugurar o luminoso, como nun roubo de balón de Cristián que asistiu a Quintairos. O seu disparo rozou o pau esquerdo. Yahvé, nun saque de esquina directo, puxo a proba os reflexos do cérbero local Rodri, que despexou de puños para afastar o perigo.De todos os xeitos, a mellor dos visitantes chegou tras un pase de Javi Otero a Miki. No recorte quitoulla Pablo Vidal. No minuto 78, ía ser de novo o meta boirense o protagonista cunha estirada que salvou un gran disparo de Pancho, que aínda tivo outra ocasión máis Santos: «Creo que xogamos ben, aínda que non foi brillante»


Síguenos en twitter