Os erros arbitrais penalizan ó Negreira

Os erros arbitrais penalizan ó Negreira

Dúas xogadas precedidas de claros erros arbitrais sentenciaron ao Negreira, que encaixou a súa primeira derrota do ano (1-2) sobre un terreo de xogo impracticable pola gran cantidade de choiva caída. O Ourense CF só disparou unha vez a porta, na do seu primeiro gol, ao quedar un balón parado na área pequena. Marcou Edu, tras un saque de banda a favor dos locais, que o auxiliar sinalou en contra. Foi o primeiro erro arbitral, ao que lle seguiu unha pena máxima inexistente por unha acción do porteiro Rodri sobre Fondevila tras tropezar ambos. As decisións de Alexandre López exasperaron a xogadores e afección local por permitir o xogo de contacto dos visitantes. Tras recortar diferenzas Adán, houbo unha nova polémica por un empuxón dun defensor visitante sobre Astray. O atacante viu unha amarela por simular penalti.

No primeiro tempo, o dominio foi total dos de Nacho, que perdoaron en exceso. Aos doce minutos puido adiantarse o Negreira nun golpeo de Juan. Anxo despexou a córner. No segundo período, o Ourense CF estirou as súas liñas. A pesar da desvantaxe de dous goles, o Negreira nunca veu abaixo. Nunha triangulación de Quintairos con Pancho, este acabou servindo o gol a Adán.


Síguenos en twitter