A SD Negreira comenza o 2018 con victoria

A SD Negreira comenza o 2018 con victoria

O Negreira non puido ter un mellor comezo de ano tras impoñerse claramente (2-0) ao Céltiga no García Calvo. Alcanzou o primeiro triunfo da era Nacho Fernández grazas ao temperán gol de Adán, no minuto 9, e ao acerto de Quintairos, que puxo a puntilla no 92.O choque converteuse en toda unha batalla sobre o encharcado céspede do García Calvo, onde cada balón loitábase coma se fose o último. O primeiro en golpear foi o Negreira, con Adán como dianteiro centro que acertou na súa primeira chegada clara á área do Céltiga. Introduciu cos pés o esférico na meta visitante.

Puido ampliar a súa vantaxe o conxunto roxillo no primeiro tempo, pois os da Illa apenas trenzaron xogadas de perigo, salvo ao comezo do segundo acto cando Eloy gozou da mellor ocasión visitante nun centro pola dereita que rematou pegado ao segundo pao. Tentouno Camiño, no 65, cun chut que se foi alto, pero as ansias de empate se esfumaron tras a expulsión de Pichi polo seu segundo cartón amarelo tras unha entrada sobre Álex Diéguez. Aínda quedaban vinte minutos para a conclusión do choque. Cun xogador menos, o Céltiga seguiu tentándoo ante unha zaga local moi segura e sacrificada. No tempo engadido, chegou a sentenza para o Negreira nun córner no que a Sergio, porteiro visitante, se lle escurriu o balón. Apareceu con todo Quintairos para introducir o coiro na portería.

Con esta victoria o Negreira tentará viaxar a Vilagarcía a buscar os tres puntos e gañar fora da casa.


Síguenos en twitter